CRTVG

Buscar

A rotura de dúas tubaxes en Vigo causa asolagamentos e cortes de subministración de auga e gas

Publicado o 11/01/2019 13:35

A rotura dunha tubaxe ás tres e media da mañá causou o asolagamento da céntrica rúa García Olloqui en Vigo. Foi a traballadora dun hotel quen alertou a Policía Local. A auga saía dunha arqueta e ao mesmo tempo botaba terra e pedras. Isto afectou un garaxe e un baixo, que se encheron de lodo.

Pasadas as cinco da mañá rompía outra tubaxe na rúa Santa Tegra, no barrio de Teis. Coa forza da auga rebentou tamén a do gas. A Policía Local e os bombeiros achegáronse ata o lugar e diluíron o gas para que baixara ao chan. Tiveron que cortar a subministración da auga e o gas, o que lles provocou incomodidades aos veciños.

Outra fuga de gas puxo en alerta durante a tarde de onte en Gondomar. Unha escavadora da empresa que executa as obras de humanización da praza do Concello rompeu unha tubaxe da condución e obrigou a desaloxar unha trintena de persoas que se atopaban en sete negocios das inmediacións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019