CRTVG

Buscar

A Rondalla Santa Eulalia de Mos interpreta a AC/DC a ritmo de gaita

Publicado o 11/01/2017 17:00

O vídeo da actuación, da que gozou o público presente, foi compartido nas redes sociais, onde se volveu viral

A rondalla de Santa Eulalia de Mos está a marcar tendencia nas redes sociais cun vídeo en que interpreta, a ritmo de gaitas, un tema da banda de rock australiana AC DC. Brutal.

Contan que a rondalla de Santa Eulalia de Mos é todo un espectáculo visual e de son coas súas postas en escena. E xa un clásico no día dos Ranchos de Redondela e nesta última ocasión atreveuse cun tema da grupo de rock AC/DC. Unha actuación en que contou coa participación do público e que xa se converteu nun vídeo viral nas redes sociais.

Sen enfadar os seguidores acérrimos da banda australiana, quedoulles unha boa fusión de rock duro co son da gaita.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2017