CRTVG

Buscar

A romaría de Santa Marta celébrase sen cadaleitos por segundo ano consecutivo

Publicado o 29/07/2021 14:16

Mudaron algúns costumes: a procesión dos ataúdes volve estar anulada e onde se congregaban multitudes agora hai concentracións discretas de asistentes espaciadas consonte o horario das misas, que se estira ao longo da xornada. O único que non cambia cada 29 de xullo é o sentimento co que as persoas devotas acoden a Santa Marta.

Logo de que o ano pasado a pandemia e as diferenzas de criterio entre a organización e un grupo de veciños marcaran a romaría, neste 2021 a festa de Santa Marta recupera a tranquilidade e a presenza dos feirantes.

Desde a orixe da procesión, que data da Idade Media, segundo as fontes históricas, só esta pandemia impediu, xa por dúas veces, a célebre marcha dos cadaleitos.

Noticias web

29/07/2021