A romaría de San Benitiño de Lérez encheu o adro do mosteiro pontevedrés
Publicado o 11/07/2019 22:10
Os arredores do mosteiro de San Bieito convertéronse no punto de reunión para todos os fieis. O santo é o protagonista nun día solleiro de festa e moita devoción.
O aceite beicido de san Bieito ten as súas propiedades milagrerias. Os máis crentes pasan por baixo do santo para pedir a curación. Espunllas, bochas e mesmo problemas reumáticos son males que non poden con este ungüento aseguran os máis devotos.
A romaría reúne centos de persoas no adro do templo. Un día festivo en Pontevedra en que a tradición se xunta coa música e as ofrendas para honrar a figura de San Bieito.