CRTVG

Buscar

A rodaxe dunha película destapa un gromo con sete positivos en Pantón

Publicado o 02/09/2020 20:55
A rodaxe dunha película destapa un gromo con sete positivos en Pantón

A rodaxe dunha película descubriu nas últimas horas un novo gromo de coronavirus en Pantón. Polo de agora hai 7 positivos. Dous son mozos actores aos que lles fixeron as probas antes de empezar a traballar na rodaxe. Rastrexando os seus contactos atoparon outros cinco casos. Todos son rapaces e rapazas de entre 14 e 16 anos. Están asintomáticos ou con síntomas leves. O gromo podería aumentar nos próximos días. En total fixéronse 50 PCRs na zona pero hai 20 persoas que aínda están agardando polo resultado.

Noticias web

02/09/2020