CRTVG

Buscar

A Rioxa, Navarra e Cantabria confirmaron novas restricións para frear a terceira vaga

Publicado o 13/01/2021 21:32

O avance da terceira vaga, co aumento de contaxios, obriga a varias comunidades autónomas a endurecer as suas medidas. As últimas, hoxe, A Rioxa, Navarra e Cantabria.

A Rioxa aprobou o peche da área metropolitana de Logroño a partir deste sábado e prohibe todo movemento non esencial na rexión desde as 5 da tarde.

Navarra aplicará desde o venres o peche da hostalería ás 9 da noite e a prohibición de fumar nas terrazas.

Cantabria decidiu pechar os centros comerciais, ximnasios e locais de xogos en toda a comunidade foral.

Tamén Andalucía anunciou para o venres novas restricións e asegurou que o Goberno central debería estudar a posibilidade de aplicar un confinamento total en España.

Noticias web

13/01/2021