CRTVG

Buscar

A Revista

A Ribeira Sacra inicia os trámites para ser declarada Ben de Interese Cultural

Publicado o 22/09/2017 12:47
Mellores noticias tráennos de volta á información sobre Galicia. A Ribeira Sacra inicia o camiño para ser declarada Ben de Interese Cultural. O Consello da Xunta deulle o visto e prace.

Con esta distinción, quedarían baixo protección especial 21 concellos das provincias de Lugo e Ourense que suman máis de 17.000 hectáreas. A Declaración de Ben de Interese Cultural é o primeiro paso. A meta é que a Unesco recoñeza a Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

22/09/2017