A Ribeira Sacra énchese de turismo autóctono esta Semana Santa
Publicado o 27/03/2021 14:25
Este sábado desde primeira hora prestaba moito estar no embarcadoiro de Doade. O sol aínda non esmechaba e pouco a pouco ían chegando os turistas que tiñan reserva para o catamarán das once e media.
A Ribeira sacra segue engaiolando os que se achegan coñecela.
As prazas que oferta o catamarán, o cincuenta por cento da súa capacidade, ocúpanse todas. O alugueiro de canoas ten o mesmo número de reservas que hai dous anos.
A poucos quilómetros, nesta casa de trurismo rural, a propietaria, Luz, tamén está moi contenta coas reservas que hai.
Luz tamén nos comenta que se cancelaron todas as reservas que había de xente de fóra de Galicia.