CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

A Ribeira Sacra da un paso máis cara a proclamación de Patrimonio da Humanidade

Publicado o 18/07/2015 21:28

A iniciativa para declarar a Ribeira Sacra patrimonio da humanidade deu hoxe un novo paso adiante. Nun acto celebrado esta mañá no mosteiro de San Pedro de Rocas, o conselleiro de Cultura recollía das mans das Deputacións de Lugo e Ourense e o consorcio de turismo, a documentación técnica pra solicitar a declaración de BIC da Ribeira Sacra, que deberá ser aprobada pola Xunta de Galicia.

É o paso previo á presentación ante a UNESCO da candidatura deste espazo histórico e natural para ser declarado patrimonio da humanidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí