CRTVG

Buscar

A Ribeira Sacra confirma que a colleita deste ano é excelente, a mellor dos últimos 23 anos

Publicado o 10/10/2019 11:19

Tal e como se prevía, a vendima da Ribeira Sacra está sendo un completo éxito: a mellor nos últimos 23 anos, segundo un balance provisional do Consello Regulador.

No que levamos de campaña, xa se recolleron sete millóns de quilos de uva, case seis millóns delas da variedade mencía.

Pero estas cantidades é seguro que van aumentar, xa que hai case vinte adegas que aínda están recollendo uva. Xa durante todo o verán os adegueiros comentaban que, se se mantiñan, as boas condicións meteorolóxicas traerían unha colleita excelente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2019