CRTVG

Buscar

A Ribeira Sacra, candidata española a Patrimonio Mundial da Humanidade

Publicado o 05/04/2019 19:57

• Presentarase en febreiro e a Unesco debe decidir en 2021

• Entrevistas ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez e ao director xeral de Belas Artes, Román Fernández-Baca

A Ribeira Sacra optará á declaración de Patrimonio Mundial da Humanidade pola Unesco en 2021, segundo confirmou o director de Belas Artes e presidente do Consello de Patrimonio Histórico, Román Fernandez-Baca.

A elección desta candidatura para representar España foi grazas ao informe positivo do grupo de traballo.

Fernandez-Baca destacou a potente candidatura da Ribeira Sacra, que describiu como "un dos grandes exemplos do patrimonio de España" e que abarca dúas provincias, a de Ourense e a de Lugo, e unha gran cantidade de construcións de ata 1.500 anos.

A candidatura española será presentada ante a Unesco en febreiro de 2020 e a inclusión avaliarase en 2021.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí