CRTVG

Buscar

A ría de Arousa, unha xoia natural con máis brillo coa limpeza dos fondos mariños

Publicado o 19/06/2021 17:02

Con este sinal unha ducia de embarcacións con máis de cincuenta voluntarios, entre eles mergulladores e navalleiros, saían da Illa de Arousa con rumbo ao illote do Areoso para sanear de lixo os fondos mariños.

Segundo Óscar Ramos, mergullador é "unha zona moi sensible, case parque natural, e a contaminación e as artes de pesca afectan moito. Está bastante ben, sorprendeume desta vez".

A iniciativa está auspiciada pola obra social de Abanca, coa intención de promover a conservación dos medios mariños e a sostibilidade das actividades socieconómicas que xera. E entre os participantes contouse esta maña con varios dirixentes do banco galego.

Para Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca, "o traballo de voluntariado pola comunidade local permite facer cousas marabillosas, e é unha oportunidade magnífica de enteder a necesidade de coidar un espacio tan marabilloso como é a Illa de Arousa".

Tras o traballo nunha extensión de dez hectáreas, os mergulladores da Illa e do club subacuático Perez-sub, conseguiron retirar ata mil cen quilos de lixo, principalmente redes e artes de pesca.

"Hai dous aparellos, miños e betas, mesturado que debían levar máis dun ano, e xa o tiñamos localizado. E xa fomos a tiro fixo a buscalo", conta o mergullador voluntario Manuel Besada.

No que vai de ano o programa Placton, que abrangue a limpeza de lixo en fondos mairños e areais, xa retirou máis de tres toneladas de refugallo para reciclar.

"A iniciativa foi extraordinaria -comenta Francisco Botas, conselleiro delegado de Abanca-, ver aquí tanta xente, tantos voluntarios da Illa, o traballo que se fixo é moi importante polo en valor.

O Areoso e a ría de Arousa seguen a ser unha xoia da natureza en Galicia, máis con esta limpeza, aínda brillan máis.

Noticias web

19/06/2021