CRTVG

Buscar

A RFEF pide unha liga de 24 equipos na Segunda División

Publicado o 01/08/2020 14:26

Agárdase pola resposta da Liga e do CSD

A Federación Española de Fútbol moveu peza publicamente por primeira vez. Nun comunicado remitido a Javier Tebas, a Irene Lozano e aos presidentes de Fuenlabrada, Deportivo e Numancia, entra de cheo nunha situación que, considera, podería ser de díficil ou imposible subsanación para todos eles. Por iso, propón unha liga de 24 equipos de xeito excepcional para o próximo exercicio, tendo que regresar ao actual formato de 22 na campaña seguinte. O documento, asinado polo secretario Andreu Camps, transmite a postura do presidente federativo Luis Rubiales. Desde a Federación Galega, considérase idónea esta proposta.

Rafael Louzán, o Presidente da Federación Galega de Fútbol  dixo que "a nós o que nos teñen que dar é o que nos quitaron, de momento non nos quitaron, pero que pretenden quitarnos inxustamente. Polo tanto a liga de 24 válenos como solución. Era de encaixe máis difícil pero se a presión segue na mesma liña na que estamos ata agora creo que é algo que se poder conseguir"

Louzán recorda que unha idéntica situacion vaise vivir este ano na terceira galega. Estarán divididos en dous grupos de 12, un formato, di, que podería ser exportable á segunda categoría. "12 van xogar entre Coruña e Lugo e 12 entre Ourense e Pontevedra. De aí saen os catro primeiros clasificados de cada un dos grupos e enfrontaranse para ver cal é o campión de Galicia de terceira división da próxima temporada. Polo tanto dicimos que é un modelo moi semellante, aplicable a este escenario.

Haberá que ver tamén cal é a postura do CSD, o outro actor aínda mudo desta traxicomendia. Pero sobre todo a reacción da liga e de Javier Tebas en particular. Semella que a meirande parte dos clubs son reacios pola reducción de ingresos que iso suporía. Os únicos que se procunciaron oficialmente son os descendidos Estremadura e Rácing de Santander que esixiron o mantemento dos 22 equipos ou a recuperación de todos os participantes, 26 en total, neste campionato aínda inconcluso.

Noticias web

01/08/2020