CRTVG

Buscar

A RFEF e a Liga suspenden as competicións ata que decida o Goberno

Publicado o 23/03/2020 12:53

• Sanidade deberá confirmar que non hai ningún risco para a saúde

A Comisión de Seguimento prevista no vixente Convenio de Coordinación RFEF-La Liga acordou este luns a suspensión das competicións profesionais de fútbol ata que as autoridades competentes do Goberno de España e da Administración Xeral do Estado consideren que se poden reiniciar sen ningún risco para a saúde.

Os dous organismos envían "unha entrañable aperta do mundo do fútbol para todas as familias que están perdendo seres queridos", indicaron nun comunicado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/03/2020