CRTVG

Buscar

Time concede o 'Persoa do ano' 2017 ás mulleres que denunciaron o acoso sexual

Publicado o 07/12/2017 10:02

A revista 'Time' xa ten na súa portada a quen considera 'Personaxe do ano 2017'. Este ano non é unha soa persoa ou organización, representa ás mulleres que racharon o silencio denunciando acoso e abusos sexuais.A publicación considera que estas revelacións desencadearon un movemento que provocou un importante cambio social nos Estados Unidos, pero tamén no resto do mundo, tras a acusación de abusos contra Harvey Weinstein. Na portada aparecen caras coñecidas, como as da cantante Taylor Swift e a actriz Ashley Judd, pero tamén mulleres anónimas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017