CRTVG

Buscar

A revista científica 'The Lancet' critica a desescalada prematura de España

Publicado o 25/09/2020 14:59

A revista científica The Lancet analizou e comparou as estratexias de varios paises fronte ao coronavirus, entre eles España. Con luces, e sombras. 

En concreto sinalan España e o Reino Unido por avanzar na desescalada sen ter un sistema preparado para detectar e rastrexar con eficacia os novos casos de coronavirus. No caso español tamén apuntan como negativo, a escasa proteccion aos sanitarios, cunha alta porcentaxe de contaxios, e a baixa capacidade das UCI.

E do outro lado, entre as medidas positivas destacan en España o uso da máscara xeneralizado case dende o principio e a aprobación do ingreso mínimo vital. 

 

 

 

Noticias web

25/09/2020