CRTVG

Buscar

A restauración recuperou policromías de tres épocas

Publicado o 02/01/2019 20:41

O que poden ver de novo os visitantes que accedan ao pórtico é o resultado dunha década de investigación e de 50.0000 horas de traballos de limpeza e consolidación dos pigmentos orixinais. As cores que agora reavivan as figuras corresponden a tres épocas distintas. As máis antigas son as da primeira policromía que fixo o mestre Mateo hai 800 anos. A Fundación Barrié financiou a obra e tamén a documentación do proceso para que sirva de referencia noutros proxectos de restauración artística.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/01/2019