CRTVG

Buscar

A restauración do Pórtico da Gloria e a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco, Premios Galicia de Turismo 2019

Publicado o 03/12/2019 21:05

Un xurado presidido por Cesáreo Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia, decidiu outorgar ao proxecto de restauración do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela na categoría Patrimonio; a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da Unesco en 2021 na categoría de Promoción; a axencia especializada no Camiño de Santiago Pilgrim Travel na categoría Vangarda; o Resurrection Fest na categoría Evento; e a asociación Camiño dos Faros na categoría Sustentabilidade sendos os galardóns. Os recoñecementos corresponden ás cinco categorías restantes dos Premios Galicia de Turismo 2019 que foron entregados este martes na Coruña. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/12/2019