CRTVG

Buscar

A restauración da escalinata e a cripta da catedral, rematada para o Xacobeo

Publicado o 06/02/2020 15:22

A escalinata de pedra, que é o acceso principal á catedral pola fachada do Obradoiro, vai ser rehabilitada por completo e impermeabilizada.

 As reixas que a rodean, que agora presentan este aspecto oxidado polo paso do tempo, tamén se van recuperar.

Na cripta da catedral vanse mellorar os pavimentos e acometeranse tarefas de investigación arqueolóxica.

Agárdase que as obras estean totalmente rematadas a finais de ano, xusto para que a catedral luza no seu máximo esplendor no Xacobeo de 2021.

Noticias web

06/02/2020