CRTVG

Buscar

A resolución do Tribunal Supremo abre a vía para reclamar os gastos de taxación nas hipotecas

Publicado o 29/01/2021 17:05

Gastos de xestoría, rexistro, notaría ou taxación do inmoble. Son cláusulas que ata a reforma de 2019 viñan aboando nas hipotecas os clientes que acudían a unha entidade bancaria, unha media de entre 1000 e 2000 euros por hipoteca.

O Tribunal Supremo abre pois a porta a que os clientes reclamen a súa devolución. Desde as asociacións de consumidores chaman a que as entidades financeiras devolvan estes cartos sen ter que acudir aos tribunais. 

As asociacións de consumidores estiman que hai entre 7 e 8 millóns de hipotecas activas ás que lles correspondería o abono dos gastos iniciais. O desembolso para os bancos podería superar os 7.000 millóns de euros.

Noticias web

29/01/2021