CRTVG

Buscar

Da detención de Roldán á resolución do crime de Chapela, 44 anos de carreira do comisario da Policía en Vigo

Publicado o 10/05/2021 13:48

O comisario pontevedrés Carlos Valcárcel xubílase tras case un ano á fronte da Policía Nacional de Vigo. Ao comisario quédanlle só unhas horas de mandato tras 44 anos de servizo. Válcarcel contribuíu a investigar de Luis Roldán, a desmantelar un arsenal da ETA con amonal e a crear a UDYCO antidrogas en Galicia.

A resolución do asasinato de Chapela que tivo unha gran repercusión e creou tamén grande alarma social é un dos logos que o comisario Carlos Valcárcel destaca na súa dilatada carreira de 44 anos na Policía Nacional. Tamén o apresamento dun veleiro cunha tonelada de cocaína é outro dos seus traballos dos que di sentirse orgulloso. Entre as súas intervencións máis destacadas está a participación na investigación que conduciu á detención do exdirector da Garda Civil, Luís Roldán, en maio de 1995 en Laos. Na súa traxectoria participou en máis de 50 grandes operacións.

Carlos Valcárcel Araújo, comisario da Policía Nacional de Vigo: "Un dos logros principais foi a desartellamento do aparato de Mugas, donde comisamos amonal e armas que ían destinadas ao Comando Madrid e o Comando Barcelona. E dentro do tráfico de droga un feito relevante foi o apreixamento dun veleiro que transportaba unha tonelada de cocaína".

Valcárcel estivo en Xirona como inspector da Brigada de Investigación Criminal Grupo de Atracos. En maio de 1986 solicitou o seu traslado a Pamplona e en xullo de 1995, foi destinado ao Grupo de Estupefacientes a grande escala da Comisaría de Pontevedra. A súa xubilación será efectiva ás 12 desta noite.