CRTVG

Buscar

A Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas pide o rescate do sector turístico

Publicado o 08/05/2020 14:37

A Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas está a desenvolver un programa de ecoturismo seguro fronte ao coronavirus para atraer visitantes. Pero para evitar que pechen establecementos, esta asociación pide un rescate do sector turístico similar ao que se fixo coa banca.

A Reserva das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo considera que a pandemia do coronavirus pode ser un bo momento para o ecoturismo rural fronte aos destinos de masas. Para impulsalo, sen deixar de cuidar o medio ambiente, está a desenvolver cursos en liña para formar o persoal dos establecementos hostelerios e agroturisticos da asociación.

"Para obter un certificado de calidade, un diploma en materia de tratamentos de COVID-19 e saber actuar nesta situación, evitar rebrotes e trasmitir seguridade aos nosos clientes", di Lolo Mosteiro, presidente da Asociación de Ecoturismo da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas.

Desde a Reserva piden un rescate do turismo que garanta a supervivencia das empresas do sector.

"É moita hora de rescatar o turismo a nivel estatal porque o turismo representa unha parte importantísima do PIB de España, unha porcentaxe moi elevada", reclama Jorge Blancol, xerente da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

A Reserva, que abrangue 17 concellos da provincia da Coruña, fomenta o desenvolmento do territorio, as súas empresas e os produtos locais.

Noticias web

08/05/2020