CRTVG

Buscar

A repunta nos positivos dispara os casos activos ata os 1.837 (+164)

Publicado o 01/07/2021 19:32

• É o maior aumento dos casos dende finais de xaneiro

• A área sanitaria máis afectada é a de Pontevedra, con 59 casos máis

A repunta nos positivos dispara os casos activos ata os 1.837 (+164)

O gromo das Baleares xa se fai notar con forza en Galicia, cunha repunta de 258 novos positivos. Segundo os últimos datos do Sergas, hai 1.837 persoas con covid-19 no país, 164 máis ca onte, tras detectárense 258 novos positivos, 257 confirmados a través de PCR.

A área sanitaria de Pontevedra é a que sofre a maior suba. Por áreas, a repartición é:

• A Coruña: 544 (+32)

• Vigo: 297 (+12)

• Ourense: 199 (+31)

• Santiago: 176 (+12)

• Lugo: 222 (+16)

• Pontevedra: 321 (+59)

• Ferrol: 78 (+2)

Estabilidade nos hospitais

A situación da presión asistencial mantense semellante a onte, con 53 persoas ingresadas: 43 en planta (+3) e dez nas UCI (-2). Dende o 23 de agosto non había tan poucas persoas na UCI polo coronavirus en Galicia.

O Sergas non notificou onte ningún falecemento, por tanto a cifra de vítimas segue a ser 2.436.

Positividade por riba do 5 %

Das 4.552 probas PCR, deron positivo 257, o cal revela unha taxa de positividade do 5,65 %, algo por riba do limiar máximo recomendado pola OMS para dar por controlada a pandemia. Galicia estaba experimentando esta última semana un lixeiro aumento na positividade, que alcanza o punto máis alto en catro meses.

Mapas de incidencia