CRTVG

Buscar

A República Checa pecha bares, restaurantes e colexios ata novembro

Publicado o 13/10/2020 08:26

O Goberno da República Checa endurece as restricións do estado de emerxencia que vence o 3 de novembro. Este luns ordenou o peche de bares, restaurantes e colexios para reducir o nivel de contaxios por coronavirus. Na primeira vaga da pandemia, o país, que non chega aos 11 millóns de habitantes, conseguiu conter ben o virus. Pero agora, con 500 contaxios por 100.000 habitantes nas dúas últimas semanas, é o país europeo máis afectado e supera a Bélxica e a España.



 

Noticias web

13/10/2020