CRTVG

Buscar

A representación galega no Dakar completa unha meritoria actuación

Publicado o 17/01/2020 20:18

O Dakar rematou coa terceira vitoria de Carlos Sáinz, pero na carreira tamén había representación galega. Diego Vallejo, como copiloto do equipo SsangYong rematou na 24ª posición no seu quinto Dakar. "Estou encantado porque rematei o meu quinto Dakar é algo que non soñaba nin cando era pequeno, non me atrevía a soñalo. Moitas grazas a todos os que me apoian, á miña parella, á miña familia, á xente de SsangYong que nos tratou dunha forma sensacional e especialmente ao meu piloto Óscar que estivo loitando co xeonllo roto 12 días de carreira. Fíxose duro pero aquí estamos", explicaba na liña de meta o lugués

En motos a representación galega correu a cargo de Eduardo Iglesias, que no seu primeiro Dakar rematou no posto 94. "Eu tamén quero agradecerllo a Diego que leva todo o ano axudándome e dándome consellos e estes días preocupándose por min e agradecerlle ter no Dakar a alguén pendente de min. Estou moi satisfeito deste primeiro Dakar e rematar sendo rookie", sinalaba o motorista do equipo Galimplant.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/01/2020