CRTVG

Buscar

A repetición electoral en Israel non desfai o empate entre esquerda e dereita

Publicado o 18/09/2019 17:50
A repetición electoral en Israel non desfai o empate entre esquerda e dereita

A coalición de centro Azul e Branco de Beni Gantz avantaxa pola mínima ao partido dereitista Likud de Benjamín Netanyahu con ao redor do 90 % do voto escrutado, polo que, á espera dos resultados definitivos, a forza do primeiro ministro saínte parte con desvantaxe para formar Goberno en Israel. Segundo datos do Comité Electoral Central, Azul e Branco conseguiu o 25,66 % dos sufraxios, o que correspondería a 32 escanos, un máis que o Likud, que co 25,03 % dos sufraxios quedaría a 31 asentos. Pendente de posibles cambios no escrutinio de ao redor do 10% de votos restante, ningunha das dúas formacións ten suficientes escanos para ter maioría en solitario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/09/2019