CRTVG

Buscar

A repetición electoral custará outros 140 millóns e chega nun momento económico complicado

Publicado o 18/09/2019 14:53

A repetición electoral chega cando hai signos de alerta na economía. En agosto destruíronse case 213.000 empregos, o peor dato da última década, coa caída dos contratos indefinidos a un ritmo dun 20%.

Tamén se arrefría o consumo, con indicadores como a venda de vehículos, que baixou un 30% no peor agosto dende 2008. Ou o índice de produción industrial, seis meses á baixa.

Inflúen factores internacionais como a suba do prezo do petróleo, o brexit ou a economía alemá bordeando a recesión. Circunstancias que ten que abordar un Executivo en funcións e sen presuposto actualizado.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/09/2019