CRTVG

Buscar

A repatriación dos corpos dos montañeiros mortos no Perú prevese lenta e longa

Publicado o 09/01/2019 08:37

A repatriación dos montañeiros mortos por mor dunha avalancha no Monte Mateo no Perú vai ser lenta e longa, segundo indican desde a Federación de Excursionistas de Cataluña. A chuvia dos últimos días complicou o rescate dos catro corpos e do único supervivente.

Realizouse coa colaboración do Exército do Aire do Perú e salientaron que se trata dunha montaña accesible e doada de ascender, aínda que non exenta de riscos, coma calquera escalada, é imprevisible. O guía era experimentado e levaba máis de 12 anos traballando nesa contorna.

Dous dos falecidos eran de Sant Cugat del Vallès e outro de Cerdanyola del Vallès, ademais do guía peruano que tamén morreu. Os dous concellos convocaron cinco minutos de silencio en sinal de condolencia e decretaron un día de loito con bandeiras a media hasta.

O excursionista que puido salvar a vida está hospitalizado e fóra de perigo. Os cadáveres xa foron trasladados a un depósito de cadáveres do Ministerio Público, onde comezarán os trámites burocráticos para a repatriación.

Noticias web

09/01/2019