CRTVG

Buscar

A renuncia de Kramp-Karrenbauer volve abrir a carreira para suceder a Merkel

Publicado o 11/02/2020 09:38

A ruptura do cordón sanitario á ultradereita en Turinxia fai saltar polos aires a candidata a suceder a Angela Merkel como chanceler. Annegret Kramp-Karrenbauer, coñecida no partido como AKK, segue sendo a presidenta da CDU pero renuncia á carreira pola sucesión. O seu liderado quedou cuestionado cando o partido en Turinxia uniu os seus votos á ultradeita para apoiar o candidato liberal. Finalmente, só a autoridade de Merkel conseguiu reconducir a situación. Tres homes soan agora para suceder a chanceler: o líder dos conservadores bávaros, o ministro-presidente de Renania e o actual ministro de Sanidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2020