CRTVG

Buscar

A renovación dos órganos xudiciais e a aprobación dos orzamentos, asuntos clave no inicio do curso parlamentario

Publicado o 07/09/2020 09:48

En Madrid a principal novidade política é a retoma da actividade parlamentaria. Mañá hai pleno extraordinario no Senado en que comparece o presidente do Goberno, Pedro Sánchez. Os asuntos clave para o Goberno no comezo do curso parlamentario son a renovación dos órganos xudiciais e a aprobación dos orzamentos. Sobre estes, o Goberno insiste en conseguir algún tipo de colaboración do PP. Así o reiterou en Ferrol a ministra de Política Territorial, Carolina Darias.

Noticias web

07/09/2020