CRTVG

Buscar

A rehabilitación de edificios transforma a zona histórica de Vigo

Publicado o 03/12/2019 15:57

As fachadas deterioradas e os inmobles en ruínas deixan paso ás novas edificacións modernas, que ofrecen unha imaxe do barrio ben distinta á de hai unha década. Cun balance de 79 edificios adquiridos, 53 deles xa rehabilitados con 110 vivendas, o Consorcio do Casco Vello traballa na rehabilitación desta zona desde o ano 2005. Neste momento estanse a rehabilitar outros catro inmobles que estarán rematados a principios do ano que vén, con once vivendas e tres baixos comerciais.

A conselleira de Vivenda visitou as obras e anunciou que o seu departamento duplicará a achega económica ao consorcio para o vindeiro ano.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/12/2019