CRTVG

Buscar

A rehabilitación da igrexa da Trindade, en Ourense, descobre policromías do século XII

Publicado o 28/02/2020 16:38

Unha rehabilitación integral complicada a da igrexa da Trindade en Ourense. Dende que comezaron os traballos saíron a luz numerosos restos que nun principio poderían ser de gran valor artísitico e patrimonial. Entre eles, pinturas, unha antiga policromía xeométrica que podería datarse entre os séculos XII e XIV.

A rehabilitación desta xoia da arte sacra ourensá, considerada a máis antiga de culto na cidade, descubriu ademais unha cornixa do século XII e as canles para a evacuación da agua, coas súas tres gárgolas intactas.

Está previsto que a finais do mes de marzo esta igrexa poida reabrir as súas portas.

Noticias web

28/02/2020

Máis sobre Ourense