CRTVG

Buscar

A refuxiada cega Farida Mohamed pasa o seu terceiro verán cunha familia de acollida galega

Publicado o 14/07/2019 15:02

Ana, o seu marido, e os seus dous fillos levan tres anos traendo a Farida desde o campo de refuxiados saharahui do Aaiun, na provincia de Tinduf. Partcicpan convencidos coa ONG "Solidariedade Galega co Pobo Saharaui" do proxecto de acollidad temporal de nenos ata doce anos "Vacacións en paz".

Ana González, familia acolledora. "A min casualmente adxudicáronme a farida, e casualmente deuse o caso de que é cega. O primeiro que facemos é unha revisión xeral, unha analíotica, porque a veces poden traer un parásito, anemia...

O primeiro ano intentamos tratar o da vista, pero é un problema neurolóxico que non ten solución"

Farida está escolarizada no campamento no que vive. Cando chegou este ano contoulle a Ana que agora se defende en braile porque llo ensinaron na escola.

Farida Mohamed Saleh "Como o braile, sabes o braile, Sabes o braile, o

Ana González. familia acolledora. "Son nenos totalmente distintos aos nosos, que se aburren, durmen, son nenos buenos, fuertes e queren colaborar en todo"

Para Farida o mellor de Portonovo é pasar o día metida na auga coa súa nai española e o seu irmán Marcos. No inverno di que se lembra dela.

Farida Mohamed Saleh "Porque en España e a praia. CAndo chegue á praia vou a nadar e a mergullarme"

Máis de 206.000 saharahuis viven, como Farida, viven en 5 campos de refuxiados en Tinduf, en tendas de campaña e casas de adobe. Décadas dun problema do que non se ve solución no horizonte.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/07/2019