CRTVG

Buscar

A reforma fiscal nos presupostos de 2022 é unha prioridade para Unidas Podemos

Publicado o 20/07/2021 20:47

Esta semana os socios do Goberno empezarán a negociar os presupostos do ano que vén. Avanzouno a vicepresidenta segunda e líder de Unidas Podemos no Executivo nunha reunión co seu grupo parlamentario. Yolanda Díaz dixo que irán á negociación con "forza" para despregar a "axenda social" pactada cos socios de Goberno. A ministra de Traballo sinalou como prioridades o prezo do alugueiro e as reformas laboral e fiscal.

"Se falamos de servizos públicos temos que falar de ingresos públicos e facelo con ambición, con valentía e con absoluta naturalidade. Temos unha fenda de sete puntos de converxencia coa Unión Europea. Temos que modernizar a estrutura de ingresos fiscais no noso país", di Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda e ministra de Traballo.

 

Noticias web

20/07/2021