CRTVG

Buscar

A reforma do Poder Xudicial, polo trámite de urxencia

Publicado o 13/01/2021 20:36

A Mesa do Congreso tamén acordou tramitar polo procedemento de urxencia a reforma do Consello Xeral do Poder Xudicial.

A proposta de PSOE e Unidas Podemos prevé que o órgano de poder dos xuíces non poida facer nomeamentos unha vez que o seu mandato estea caducado.

Os socios de goberno uniron os seus votos para rexeitar a petición do PP de que se solicitase antes a opinión tanto do propio Consello como de organismos europeos.

Noticias web

13/01/2021