CRTVG

Buscar

A reforma do delito de sedición podería estar lista antes de que acabe o ano

Publicado o 17/09/2020 15:04

Carmen Calvo advírtelle a Torra que na mesa de diálogo do Goberno con Cataluña só poderá sentar quen non estea inhabilitado. Canto á reforma do delito de sedición, que podería beneficiar os presos do 'procés', a vicepresidenta do Executivo calcula que podería estar lista antes de que remate o ano.

"Eu fixen o plan normativo e está a reforma do Código Penal. O ministro de Xustiza ten un plan bastante avanzado, calculo que antes de fin de ano", di Carmen Calvo, vicepresidenta primeira do Goberno.

Noticias web

17/09/2020