A reforma da lei electoral debaterase nunha subcomisión específica

A reforma da Lei do réxime electoral xeral debaterase nunha subcomisión específica, dependente da Comisión Constitucional do Congreso, sempre que o aprobe a Xunta de Voceiros. A Mesa do Congreso admitiu a trámite a solicitude do PSOE e Unidas Podemos neste sentido.
O pasado 23 de febreiro, todos os partidos aprobaron por unanimidade tramitar a reforma desta lei para axilizar os trámite do voto no estranxeiro e permitir que as papeletas cheguen a tempo.
A proposición de lei tomada en consideración insta a eliminar o voto rogado, introducido no 2011, e a implementar un sistema de descarga telemática das papeletas. Tamén amplía o prazo para a apertura dos votos emitidos dende o estranxeiro de tres a cinco días.
As emendas a esta iniciativa debateranse na subcomisión. O PP xa avanzou que esixiría garantías de identificación no voto por correo e a xeneralización do voto en urna. Ciudadanos avoga por listas abertas no réxime electoral xeral e ERC aposta por un sistema de voto electrónico.