CRTVG

Buscar

A reforma da Lei de montes endurece os criterios para realizar plantacións forestais

Publicado o 21/07/2019 14:12
A reforma da Lei de montes endurece os criterios para realizar plantacións forestais

Consciente de que o abandono está detrás de moitos dos incendios, o Goberno galego decidiu tomar cartas no asunto. Aproveitou a tramitación no Parlamento da Lei de patrimonio natural para introducir unha modificación na Lei de montes. Endurece os criterios para realizar plantacións forestais en terras agrarias. Eleva de 10 a 40 anos o tempo esixido de abandono continuado dunha leira antes de outorgarlle a categoría de monte.

O obxectivo fundamental desta medida é protexer as superficies de cultivo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/07/2019