CRTVG

Buscar

O debate sobre a reforma da Constitución protagoniza o seu 39 aniversario

Publicado o 07/12/2017 08:30

O presidente do goberno apraza a reforma da Constitución ata que exista unha idea clara do seu alcance. Pedro Sánchez emprázao a empezar os traballos xa en 2018. A crise territorial catalá tamén estivo presente en case todos os discursos que se oíron no Congreso. 

Tiveron que pasar 39 anos para estrear un artigo da Constitución, o 155. A presidenta do Congreso xustificábao pola existencia de ataques inadmisibles.

As referencias máis ou menos veladas a Cataluña só competiron no Congreso coas reflexións sobre a reforma da Carta Magna. O presidente do Goberno condiciónao a non tocar a soberanía nacional, cun consenso máis aló da simple maioría e fuxindo das présas. 

Pedro Sánchez quere as negociacións xa en marcha de hoxe nun ano. 

Ausente o ano pasado, Pablo Iglesias pedía no Congreso levar o debate máis aló das súas paredes e implicar a toda a sociedade. 

Albert Rivera aproveitou a conmemoracion para pedir o voto nas eleccións catalás. Sobre a Carta Magna, alíñase cos partidarios da actualización.  

Lonxe das gravadoras, os xornalistas oíron o presidente do goberno insinuar que volverá ser candidato e a Rivera apostar por Iceta como vicepresidente de Arrimadas na Generalitat. Volvéronse izar os 300 metros cadrados de bandeira da Praza de Colón e houbo lembranza especial para o falecido ex-presdiente da cámara Manuel Marín.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017