CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A rede Eurofar reúnese en Lugo para compartir experiencias de investigación ambiental con aeronaves

Publicado o 23/01/2018 14:52

Expertos de vinte países europeos, centrados na investigación medioambiental a través de aeronaves, coñecen estes días as experiencias que desenvolve o polo aeronáutico de Rozas. A asemblea de Eurofar celébrase en Lugo para darlle a coñecer ao sector o proxecto da aeronave Fénix, que terá a súa base no aeródromo lugués e que suporá un investimento de 35 millóns de euros.

O centro de investigación de Rozas contará en 2020 coa aeronave de investigación e experimentación Fénix. A promoción deste proxecto, que conta cun investimento de 35 millóns de euros, motivou que Lugo acolla estes días a asemblea de Eurofar. Expertos de máis de vinte países europeos traballan para poñer a punto unha rede de investigación ambiental compartindo coñecementos e tamén infraestruturas.

Neste encontro, a diretora da Axencia Galega de Innovación anunciou que a aposta da Xunta polo sector contempla a creación dun centro de emprendemento aeronáutico en Lugo.

Os promotores destes proxectos din que van xerar unha importante actividade económica na comarca de Lugo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí