CRTVG

Buscar

Alemaña valora inxectar 50.000 millóns de euros se a súa economía entra en recesión

Publicado o 20/08/2019 12:06

Alemaña podería entrar en recesión no terceiro trimestre do ano, segundo advirte o banco central do país. Se eso ocorreso, Merkel ten previsto inxectar 50.000 millóns de euros para estimular a súa economía. Política económica que sempre rexeitou Merkel cando comezou a anterior crise no ano 2007.

A economía alemá pode seguir en contracción por mor da caída da produción industrial. A recesión da maior economía da zona euro pode traer consecuencias catastróficas para os mercados europeos. Unhas bolsas que xa sufriron caídas nos últimos días debido á freada da economía alemá e á guerra comercial entre Os Estados Unidos e A China.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/08/2019