CRTVG

Buscar

'A receita galega', un microdocumental sobre envellecemento activo

Publicado o 02/09/2021 20:45

'A receita galega' é  un microdocumental sobre como lograr un envellecemento activo. Actividade física e mental, alimentación e participación para evitar a soidade son as pautas que os expertos ofrecen no documental para lograr en envellecemento activo, calidade de vida en idades avanzadas. O documental presentouno hoxe a directoral xeral de Saúde Pública. Dixo Carmen Durán que o envellecemento activo é unha das liñas estratéxicas do departamento que dirixe.

"Resulta imprescindible impulsar propostas que promovan hábitos de vida saudables e a participación das persoas evitando o illamento e evitando tamén a soidade dos nosos maiores",di Carmen Durán, directora xeral de Saúde Pública.

 

Noticias web

02/09/2021