CRTVG

Buscar

A rebaixa das peaxes da AP-9 e a chegada do AVE, pendentes do cambio no Ministerio

Publicado o 12/07/2021 16:04

Coa remodelación do Executivo, e o cambio no Ministerio de Transportes, o Goberno galego queda pendente de que se cumpran os compromisos adquiridos polo exministro Ábalos.

As rebaixas nas peaxes da AP-9 e a liberación do tramo en Redondela debían materializarse neste mesmo mes de xullo, e aínda están pendentes, e sen data concreta para a súa entrada en vigor.

Por outra banda a chegada do AVE a Galicia foi anunciada por Ábalos para o vindeiro outono. O Goberno galego está a espera da nova ministra Raquel Sánchez cumpra o calendario e que non haxa demoras.

Noticias web

12/07/2021