A Real Filharmonía de Galicia rescata a música de José Arriola,
A Real Filharmonía de Galicia rescata a música de José Arriola, más coñecido como Pepito Arriola.
Esta tarde a orquestra ofrece un concerto en Ferrol, a que foi a cidade do compositor, dirixida por Maximino Zumalave e co barítono coruñés.
Hai máis de sete anos, a Real Filharmonía de Galicia estreaba un concerto de trompa de Pepito Arriola. Esta tarde a música do compositor galego volverá soar na súa cidade, Ferrol.
A orquestra dirixida por Maximino Zumalave, interpretará cancións de Antonio Machado e Textos Cervantinos, musicados por Arriola e cantados polo barítono Javier Franco. É o inicio dunha xira que os levará po Lugo, Santiago e Vigo.
Pepito Arriola naceu en Betanzos en 1895.
Era un neno prodixio, aos 5 anos deu un concerto diante da raíña Isabel II e conseguiu unha bolsa para estudar en Alemaña con Richard Strauss. Tocaba a dúo coa súa irmá, outra notable pianista.
A Segunda Guerra Mundial supuxo un duro golpe. Os bombardeos aliados sobre Berlín acabaron coa súa biblioteca.
Morreu no esquecemento en Barcelona en 1954. A súa música merece ser revivida.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí