CRTVG

Buscar

A Real Filharmonía de Galicia despide o confinamento con 'Episodio final'

Publicado o 25/05/2020 18:36

A Real Filharmonía de Galicia despídese hoxe do confinamento cun vídeo que titula 'Episodio final'. Desde que comezou o estado de alarma, a Real Filharmonía publicou distintos vídeos coas músicas e músicos vivindo a corentena nas súas casas. Imaxes con humor para animar as traballadoras e traballadores esenciais, para agradecer e para seguir enchendo de música, neste caso as redes, desde as casas e os balcóns... Este é o último, o 'Episodio final' que anuncia unha nova normalidade para a orquestra.

Noticias web

25/05/2020