CRTVG

Buscar

A Revista

A raza rubia galega foi a máis en 2014

Publicado o 14/01/2015 13:26





A rubia galega segue medrando e Acruga, a asociación de criadores desta raza, pechou 2014 con máis gandeiros e máis gando inscrito. Imos facer balance do ano con eles.



Esta explotación de Outeiro de Rei chegou a producir case 250 quilos de leite ao ano. Juan Carlos atendía co seu pai unhas trinta vacas en produción, pero ao chegarlle a xubilación comezaron a pensar nun cambio na explotación para que a puidese manexar el só. Decidiron pasarse ao gando de carne para aproveitar as vinte hectáreas de supericie que teñen e, hai cousa dun mes, chegaba o primeiro lote de vinte xovencas de raza rubia galega.



Esta é unha das corenta e dúas ganderías que se deron de alta o ano pasado en Acruga. A asociación pechou 2014 cun balance positivo, e din que cada vez son máis os gandeiros que apostan por esta raza. Ben sexa polos que cambian de leite a carne coma Juan Carlos, polos que se incorporan de novo á actividade agraria ou porque vai medrando a media de animais por explotación, hoxe Acruga ten máis demanda da que dan atendido.



Medra a demanda de animais vivos, e tamén de doses de seme de rubio. Venderon máis de 115.000 en España e 133.000 no estranxeiro. A raza rubia xa está presente en Polonia, en Portugal e en México pero, sobre todo, ten demanda no Brasil.



Os datos de 2014 confirman a tendencia á alza desta raza nos últimos anos. O crecemento da rubia galega foi constante, e hoxe teñen xa unhas 40.000 femias censadas.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

14/01/2015