CRTVG

Buscar

A rápida actuación dos veciños no incendio dunha vivenda na Coruña evita a traxedia

Publicado o 07/11/2019 14:32

A solidariedade dos veciños dun inmoble da Coruña evitou que un incendio orixinado na cociña acabase en traxedia. Un deles foi quen de sufocar as lapas mentres que os outros rescataron do interior da casa a propietaria, de 93 anos, e o seu fillo, que ten problemas de mobilidade.

Julia, a dona da casa, tiña a comida ao lume e, mentres se facía, marchou para o comedor. Nese momento comezaron as lapas.

Daquela, os veciños do andar superior baixaron e o home foi quen de sufocar as lapas.

Mentres, uns veciños chamaron os bombeiros. Outros axudaron a Julia e mais o seu fillo a saír da vivenda.

Desta volta, grazas aos veciños, todo quedou nun susto.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019