CRTVG

Buscar

A raíña Sofía, vacinada contra a covid-19

Publicado o 16/03/2021 14:25
A raíña Sofía, vacinada contra a covid-19

A raíña Sofía, de 82 anos, recibiu este martes a vacina contra a covid-19 nun centro público de saúde de Madrid, de acordo aos protocolos establecidos polas autoridades sanitarias, segundo informaron fontes da Casa Real.

A nai de Felipe VI acudiu ao ambulatorio do Pardo-Fuencarral, o máis próximo ao Palacio da Zarzuela, onde lle puxeron a inxección. En virtude "dos protocolos establecidos polas autoridades sanitarias", dona Sofía, que en novembro fará 83 anos, recibiu "a vacina que lle corresponde por franxa de idade", engadiron as fontes.

Nas últimas semanas publicouse que o rei Xoán Carlos recibiu a vacina durante a súa estadía en Emiratos Árabes Unidos, aínda que a Casa Real non o confirmou. Tamén se inmunizaron no país árabe cando foron a visitarlle as infantas Elena e Cristina, o que provocou críticas dalgúns partidos por entender que tiveran un trato de favor.

O Palacio da Zarzuela precisou que non se van a divulgar imaxes da vacinación da raíña Sofía e que, "en todo caso", distribuiranse fotos dos reis "cando lles toque".