A raíña Isabel II inviste o rei Filipe como cabaleiro da Orde da Xarreteira
Publicado o 17/06/2019 19:09
A raíña Isabel II invistiu ao rei Filipe como cabaleiro da Orde da Xarreteira. É a máxima distinción do Reino Unido e a condecoración máis antiga do mundo xunto co Toisón de Ouro español. A vistosa cerimonia tivo lugar no salón do trono do Castelo de Windsor e despois celebrouse un colorido desfile. Canda o rei Filipe tamén ingresou na Orde da Xarreteira Guillermo de Holanda.
Só poden posuír esta distinción ao mesmo tempo 24 cabaleiros e señoras elixidas polo monarca británico.
O rei Xoán Carlos xa a recibira hai trinta anos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Máis sobre actualidade
08/12/2019 14:39