CRTVG

Buscar

A raíña dona Letizia abre en Santiago o curso de FP

Publicado o 07/10/2020 16:30

Hoxe a Raíña estivo en Santiago para presidir a apertura do curso en Formación Profesional, que este ano se celebrou no Centro Politécnico da capital galega.

Dona Letizia estivo acompañada polo presidente da Xunta e pola Ministra de Educación, entre outras autoridades.

A Raíña interesouse pola oferta educativa do Politécnico, e polas perspectivas de futuro laboral dos seus alumnos.

Para a comunidade escolar deste centro, protagonizar a apertura do curso foi todo un orgullo.

Noticias web

07/10/2020